Dende Hifas da Terra ofrecémosche un servizo de axuda para a xestión destas subvencións. Para máis información ponte en contacto co noso Dpto. Forestal a través do correo electrónico forestal@hifasforesta.com
DOG núm.115 (luns 19 de xuño de 2017) – Corrección de erros DOG núm. 123 (Xoves, 29 de xuño de 2017)
Orde do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014 – 2020, e se convocan para o ano 2017.
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva.
As axudas obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I desta orde.
b) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas de especies frondosas caducifolias con especies do anexo II desta orde.
Tipos de superficies obxecto de axuda.
- Poderán ser obxecto de axuda as actuacións naqueles terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac) como:
– Forestal (FO). – Pasto con arboredo (PA). – Pasto arbustivo (PR).
- En todo caso, será de aplicación o disposto no Real decreto 1077/2014, do 19 de decembro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas.
- A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
- As zonas que se van forestar, xa sexan terras agrícolas abandonadas, terreos de ermo, terreo con arbustos e matos ou arboredo cunha fracción de cabida cuberta inferior ao 20 %, deberán estar identificadas nalgún dos tres grupos do Sixpac indicados no punto 1 e, en todo caso, deberá cumprirse o establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e a normativa de desenvolvemento.
- Non se concederá axuda sobre parcelas situadas en hábitats definidos como prioritarios como pola Directiva 92/43/CEE nos espazos protexidos.
- A cualificación urbanística das parcelas que se vaian forestar deben admitir as actuacións polas que se solicita axuda.
- As densidades mínimas de plantación deberán ser as seguintes:
a) Anexo I (coníferas): a densidade de plantación será de polo menos 1.100 plantas/ha.
b) Anexo II (frondosas): a densidade de plantación será de polo menos 625 plantas/ha. - Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas
Superficie mínima:
a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e os propietarios particulares de xeito individual, a superficie mínima de actuación por solicitude será de 3 hectáreas, en couto redondo de superficie mínima de 1 hectárea.
b) Para propietarios particulares de xeito individual a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea nun único couto redondo.
c) No caso das Sofor, a superficie mínima de actuación será de 3 hectáreas.
Superficie máxima:
a) Para todos os solicitantes, con excepción das Sofor e dos propietarios particulares de xeito individual, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 50 hectáreas nun ou varios coutos redondos, sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea. No caso das Sofor, a superficie máxima de actuación será de 50 hectáreas.
b) Para propietarios particulares de xeito individual, a superficie de actuación máxima por solicitude será de 15 hectáreas nun ou varios coutos redondos, e sempre e cando a superficie mínima de cada couto sexa de 1 hectárea.
c) Malia o establecido nos parágrafos anteriores a superficie máxima de actuación pola que se poderá solicitar axuda en superficies que se encontren dentro da Rede Natura 2000 será de 6 hectáreas independentemente do tipo de propietario. - En todos os casos de continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
- Intensidade da axuda: A intensidade de axuda para estas actuacións será do 100 % calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado no correspondente proxecto técnico ou no anexo XIII, segundo sexa o caso. (O IVE non é subvencionable).
- Actuacións obxecto de axuda e importes máximos subvencionables. As actuacións que poderán ser obxecto de subvención son as seguintes:
a) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais:
Estos gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, así como os de plantación propiamente dita e a área de defensa contra incendios forestais.
O importe máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os valores recollidos no anexo III, será de 1.853 euros en especies do anexo I(coníferas), e de 2.398 euros en especies do anexo II (frondosas).
Podes descargarte a continuación as bases da axuda ou pinchar no seguinte link para máis información.
[gview file=”https://hifasforesta.com/wp-content/uploads/2017/07/Creación-de-superficies-forestales.pdf”]
Corrección de erros:
[gview file=”https://hifasforesta.com/wp-content/uploads/2017/07/Correcion-erros_Creacion-de-superficies-forestais.pdf”]
0 comentarios